Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diego Villares: "Todos esperabamos un pouquiño máis"

Diego Villares: "Todos esperabamos un pouquiño máis"

G24.gal 11/12/2024 12:33 Última actualización 11/12/2024 13:02

Diego Villares non se esconde. O centrocampista vilalbés recoñece que o Deportivo, de momento, non alcanzou as expectativas coas que arrincou o curso 2024-25, aínda que se mostra convencido da engalaxe da nave coruñesa "en canto sexamos capaces de encadear unha serie positiva".

"Todos nun primeiro momento esperabamos un pouquiño máis. Sempre miras ao que está máis preto, pero xa como equipo e como conxunto para todos nos gustaría mirar un pouquiño máis arriba e en canto sexamos capaces de encadear unha serie positiva, é o que podemos facer", manifestou Villares.

O Deportivo ten unha boa oportunidade ante o pechacancelas, o Tenerife.

"Sabemos que están a pasar por momentos complicados e temos que saber xogar con iso e saber levalo para sacar o máximo partido posible".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos