Publicador de contidos
Publicador de contidos

Declarado de alto risco o Deportivo-Zaragoza

Declarado de alto risco o Deportivo-Zaragoza

O operativo da Policía Nacional contará con tres grupos da Unidade de intervención Policial (UIP), axentes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR), Equipo de Información e guías caninos, especialistas do TEDAX, Unidade de Subsolo e protección ambiental

G24.gal 05/12/2024 12:57 Última actualización 05/12/2024 13:00

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu esta mañá a reunión da Xunta de Seguridade na que se concretou o dispositivo deseñado pola Policía Nacional xunto coa Policía Local para o partido entre o Real Club Deportivo da Coruña e o Real Zaragoza, declarado de alto risco pola Comisión Antiviolencia, e que terá lugar este sábado ás 18:30 h no estadio de Riazor.

As principais medidas acordadas serán reforzar a presenza policial e a activación do dispositivo desde a xornada previa. Dado o horario do partido e as datas do partido (a ponte da constitución), o dispositivo manterase ata o día seguinte. Tal e como xa levou a cabo nos anteriores partidos de alto risco, reforzarase a presenza de Policía Nacional, con máis medios dispoñibles para atender os arredores do campo e diferentes puntos da cidade.

Por tanto, o operativo da Policía Nacional contará con tres grupos da Unidade de intervención Policial (UIP), axentes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR), Equipo de Información e guías caninos, especialistas do TEDAX, Unidade de Subsolo e protección ambiental, ademais de medios aéreos, como un helicóptero e varios drons.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar