Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha xuíza acepta WhatsApp como proba para xustificar ausencias laborais

Unha xuíza acepta WhatsApp como proba para xustificar ausencias laborais

A sentenza baséase nas mensaxes e no xustificante que o traballador remitiu á súa empresa

Foto de arquivo (Fabian Sommer /dpa/ EuropaPress) Foto de arquivo (Fabian Sommer /dpa/ EuropaPress)
G24.gal 11/12/2024 13:40

Unha xuíza de Madrid deu validez a WhatsApp como medio para notificar a ausencia ao posto de traballo por unha causa xustificada, nunha sentenza na que foi anulada unha sanción de sete días de suspensión de emprego e soldo imposta por unha empresa a un traballador que recorreu a esta aplicación para a súa comunicación.

En representación do traballador, o despacho Legalion Avogados impugnou a decisión da empresa mediante a correspondente demanda, na que alegou que a súa ausencia e o motivo da mesma fora comunicada mediante WhatsApp ao xerente, achegando o xustificante de asistencia a un centro sanitario co seu fillo menor de idade, que estaba enfermo.

A sentenza, ditada polo Xulgado do Social número 20 de Madrid, baséase nas mensaxes e o xustificante que o traballador remitiu á compañía, xa que a representación desta non compareceu no xuízo.

"É un dos permisos máis modernos do Estatuto dos Traballadores, pois introduciuse como novidade en 2023, considerando o uso desta aplicación de mensaxería instantánea como un medio válido de notificación do traballador á empresa", destacou nun comunicado Legalion Avogados.

O avogado que levou o caso, Daniel Díaz Braojos, comenta que a sentenza estimou a demanda porque "o traballador fixo un bo uso do permiso de forza maior conforme ao artigo 37.9 do Estatuto dos Traballadores para o coidado do seu fillo ao acudir a urxencias, e comunicouno á empresa de forma adecuada". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade