Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mocidade aposta por comunicarse con notas de voz para non ter que escribir as mensaxes

A mocidade aposta por comunicarse con notas de voz para non ter que escribir as mensaxes

Audios versus mensaxes escritas, cuestión de idade

Os españois intercambian de media 5,5 audios diarios

Vigo é unha das cidades onde menos se usan as notas de voz
 

A duración perfecta dunha nota de voz é de 33 segundos
G24.gal 11/04/2025 14:57

"Escribir a min dáme moita preguiza".

 "Agora na miña xeración xa non facemos chamadas, é como máis cómodo mandamos un audio, enténdesenos o ton de voz, enténdesenos todo simplemente cunha mensaxe", comentan dúas rapazas nova.

"Eu atópome unha voz moi rara, e non me gustan nada", apunta unha señora.

Enviar e recibir notas de voz en lugar de escribir mensaxes está converténdose na forma preferida de comunicación sobre todo entre os máis novos. 

 "Moitísimos, todo o tempo".

 "A min encántame falar así".

A clave está en ser claro e conciso, e para iso os audios non deberían superar os 30 segundos de duración.

"Sempre mando audios de 2 minutos, 3 minutos".

 "5 minutos de audio, 5".

"Ninguén fala nada tan interesante para que eu estea 10 minutos escoitando", replica unha señora.

Poden chegar a resultar aburridos?

"Cando me dou de conta, estou falando co audio", continúa a señora.

"A min gústame escoitar os detalles, e como escoitar un podcast", explica unha moza.

A maioría opta por reproducilos a dobre, ou tripla velocidade. O que si queda claro é que isto de mandar audios ten moito que ver coa idade.

"Audios de WhatsAapp non mando".

 "Ningún, todo escrito, non me gustan, non me gustan".

"Non adoito mandar moitos, xa teño certa idade e nótase".

Tampouco aos novos lles gusta compartilos cos adultos.

"Eu penso que non saben nin reproducir o audio".

 "Eu aos meus pais non lles mando audios, dáme vergoña".

"Rara vez un audio".

Os españois intercambiamos de media uns 5 audios ao día. No sur máis que no norte; de feito Vigo é unha das cidades onde menos os usan. Moitas veces molestan porque chegan nos momentos máis inoportunos.

 "Ti estás nunha reunión e non o podes poñer".

"A verdade é que unha chamada é mellor".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade