Publicador de contidos
Publicador de contidos

WhatsApp baixa dos 16 aos 13 anos a idade de uso en Europa

WhatsApp baixa dos 16 aos 13 anos a idade de uso en Europa

META acaba de recibir críticas de defensores dos dereitos dos nenos de toda Europa tras este cambio de normativa

G24.gal 22/04/2024 14:14

A partir dos 13 anos un neno ou nena pode crear unha conta de WhatsApp sen saltar a política de empresa despois de que META, o xigante das redes sociais, rebaixara a idade de uso, que antes estaba nos 16 anos.

Para as nais e pais, xa preocupados polo uso que os rapaces fan dos móbiles, din que as grandes empresas tecnolóxicas só pensan en aumentar os seus beneficios e que unha vez máis tócalles a eles vixiaren o uso.

E lembran, que WhatsApp non ten ningún sistema de verificación de idade, o que fai que mesmo menores de 13 anos poidan empregalo tamén. O medo é, din, que formen parte dalgún grupo con contido inapropiado e mesmo ilegal ou que sofran acoso ou enganos neste chat.

META acaba de recibir críticas de defensores dos dereitos dos nenos de toda Europa tras este cambio de normativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar