Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pon en marcha ata 2030 o segundo plan de enerxía e clima

A Xunta pon en marcha ata 2030 o segundo plan de enerxía e clima

O obxectivo é reducir un 75 % as emisións de gases de efecto invernadoiro e incrementar a xeración de enerxías limpas

G24.gal 29/01/2025 12:45

A Xunta pon en marcha o segundo plan de enerxía e clima, no que investirá ata 2030 máis de 1.700 millóns de euros. Trátase dun 55 % máis de orzamento do que contou este plan entre os anos 2019 e 2024. 

A conselleira de Medio Ambiente Ánxeles Vázquez explicou as 93 medidas que prevé o plan e que se desenvolverán en catro eidos: mitigación, adaptación, investigación e dimensión social. Inclúen a transformación das contornas das cidades en zonas máis verdes, sostibles e saudables, converter os concellos e cidades en refuxios climáticos, incorporar a intelixencia artificial ás predicións meteorolóxicas ou un programa de concienciación destinado aos mozos. 

O obxectivo é que Galicia poida alcanzar a neutralidade climática no horizonte de 2040, reducindo un 75 % as emisións de gases de efecto invernadoiro en 2030 e incrementando nun 85 % a xeración de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar