Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta activa un teléfono de atención preferente para maiores de 65 anos

A Xunta activa un teléfono de atención preferente para maiores de 65 anos

O número 900 333 666 evita a escoita de mensaxes automatizadas e a marcaxe de opcións

 

G24.gal 02/10/2022 20:14 Última actualización 02/10/2022 21:25

Galicia pon en marcha un teléfono específico de atención preferente para maiores de 65 anos. Falarán directamente cunha persoa, evitando a escoita de mensaxes automatizadas e a marcación de opcións.

O obxectivo desta iniciativa pioneira, segundo explica a Xunta nun comunicado, é apoiar a independencia deste grupo de idade, cun desenvolvemento tecnolóxico moi por baixo do promedio da poboación.

A liña do servizo, co número 900 333 666, comeza a funcionar este luns. A través desta ferramenta, da Canle 65, pódese pedir cita en atención primaria ou comunicarse coas oficinas de información e rexistro da Xunta e coa da Axencia Tributaria de Galicia.

Cita médica

Nos centros de atención primaria, as persoas maiores de 65 que non poden ser atendidas no momento, poden deixar algún dato persoal para que se lle devolva a chamada con carácter prioritario.

Por outra banda, as oficinas de información e rexistro da Xunta e as oficinas da Axencia Tributaria de Galicia contarán cunha atención telefónica reforzada, na que se priorizará a chamada, sen necesidade de escoitar mensaxes nin facer marcacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade