Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta potenciará liñas que permitan ás empresas unha formación flexible e á carta

A Xunta potenciará liñas que permitan ás empresas unha formación flexible e á carta

O conselleiro de Emprego, José González, insistiu na importancia de cubrir vacantes e potenciar a competitividade do tecido empresarial

G24.gal 23/10/2024 21:37 Última actualización 23/10/2024 21:47

A Xunta potenciará en 2025 novas liñas de actuación que lles permitan ás empresas galegas unha formación flexible e á carta. 

Estas medidas, enfocadas a desenvolver microformacións no tecido produtivo, están dotadas con case 5 millóns de euros e súmanse a outras accións xa consolidadas como o Bono Talento Empresa.

Así o anunciou o conselleiro de Emprego na xuntanza que mantivo en ASIME, a Asociación de Industrias do Metal e tecnoloxías asociadas de Galicia, onde puxo de relevo o esforzo realizado pola Xunta para seguir potenciando a formación nas nosas empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade