Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta prevé contratar 241 profesionais en saúde mental ata o 2024

A Xunta prevé contratar 241 profesionais en saúde mental ata o 2024

Feijóo visitou a unidade do CHOU que aspira a ser referencia en España

Feijóo e Comesaña visitan a terraza da unidade de saúde mental do CHUO
G24.gal 11/02/2022 16:37

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe á area de saúde mental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que ten un modelo que queren exportar ao resto de áreas sanitarias de Galicia. Alí Feijóo dixo que o Plan Galego de Saúde Mental 2020-2024 aumenta o orzamento un 55%, chegando aos 83 millóns de euros. Os profesionais do CHUO coidan que poden chegar a ser referencia en España.


"Eu creo que os 98 programas que se van ir implantando poden poñernos a nivel nacional e chegar a ser referencia en moitos puntos", defendeu Luis Docasar, xefe de Saúde Mental do Hospital de Ourense.


O Sergas contratou xa 100 novos profesionais de saúde mental e vai chegar aos 241 nos próximos tres anos. A saúde mental ten que ter máis medios e menos estigmas. 

RACHAR COS ESTIGMAS


"Imos rachar cos estigmas que aínda están ligados a este campo sanitario. Todos podemos necesitar esta asistencia, así que pensar que isto é cousa dos demais é unha frivolidade impropia. Nesitamos o mesmo que no resto de enfermidades: un diagnóstico acertado, se é posible coa maior celeridade e coa maior acción preventiva e despois un tratamento, que non é doado", afirmou Alberto Núñez Feijóo.


No Goberno galego insisten na importancia da prevención temperá, mesmo nas escolas, e na atención á mocidade, sobre todo por mor da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade