A Xunta prohibe as queimas agrícolas
A Xunta prohibe as queimas agrícolas
Desde este momento, e ata novo aviso, non está permitido o uso de lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares
O primeiro incendio forestal do ano en Santiago arrasa 20 hectáreas no Pedroso
A Xunta de Galicia prohibe desde este martes todas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares na comunidade autónoma. Esta decisión implica que, ata novo aviso, non se concederán máis permisos e os xa outorgados quedan en suspenso a partir deste intre.
A decisión foi tomada despois de avaliar a evolución das condicións meteorolóxicas, unha vez analizados, de forma pormenorizada, os indicadores técnicos que inciden no risco de incendios en Galicia.
Tamén, engade a Xunta nun comunicado, ten en conta a normativa que "prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control".
A Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que "extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento".