A Xunta recorrerá ante o Tribunal Constitucional contra a lei de ordenación e xestión integrada do litoral

Os conselleiros Vázquez e Villares manteñen en Lugo un encontro cos concellos mariñaos

G24.gal 21/11/2023 20:20 Última actualización 21/11/2023 21:01

A Xunta defenderá ante o Tribunal Constitucional que ten competencias plenas para ordenar o litoral galego. Así llelo comunicaron aos representantes de diversos concellos da Mariña os conselleiros do Mar e de Medio Ambiente, nun encontro celebrado en Lugo.

Alfonso Villares e Ángeles Vázquez afirmaron que o Estado esixe unha modificación do Estatuto de Autonomía para o traspaso dos medios persoais e materiais de xestión do litoral.

Ángeles Vázquez, vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente: "O goberno español foi máis alá do que en realidade lle permite o Consello de Estado. Polo tanto, o agravio é aínda moito maior".

Alfonso Villares, conselleiro do Mar: "Esta lei temos que defendela como sexa, porque é a lei de todo o sector. E así o faremos. Imos defendela porque é unha lei feita con todo o sentido común e con todo o cariño para defender os intereses de Galicia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos