Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta solicitou ao CNI indicacións para detectar Pegasus en móbiles

A Xunta solicitou ao CNI indicacións para detectar Pegasus en móbiles

O Goberno central envioulles ás comunidades unha guía que o executivo galego está a revisar

Feijóo posa en San Caetano cos membros do consello antes da última reunión semanal Feijóo posa en San Caetano cos membros do consello antes da última reunión semanal
G24.gal 07/05/2022 17:43

A Xunta solicitoulle ao Centro Criptolóxico Nacional (CCN), dependente do CNI, indicacións técnicas de detección do programa Pegasus en dispositivos móbiles, unhas directrices que agora "se están revisando", segundo confirmaron fontes autonómicas.  

Amtega, o organismo responsable deste tipo de operacións, confirmou que despois de solicitar esas instrucións (o luns 2 de maio), o Goberno central remitiulles ás comunidades autónomas unha guía para a detección do devandito programa, "que agora está a ser revisada".

Descartan así que se analizaran xa dispositivos de membros do executivo galego. Explican ademais que na Xunta "existen políticas, normas e procedementos de ciberseguridade".

Protocolo de dispositivos corporativos

De feito, hai un protocolo de uso de dispositivos móbiles corporativos aprobado pola Comisión de Seguridade e Goberno Electrónico, "que os usuarios deben aceptar explicitamente coa entrega do terminal". Os utilizados polo presidente e os conselleiros verifícanse de xeito periódico.   

Indican tamén que as comunicacións están protexidas por defecto polos mecanismos estándares de cada tecnoloxía, tanto o correo coma as chamadas ou a mensaxería estándar.

No que respecta a altos cargos, disponse dunha plataforma específica para o cifrado de información (correos, ficheiros e discos duros). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade