Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta subvenciona a compra de cans e peches máis seguros para evitar os ataques do lobo

A Xunta subvenciona a compra de cans e peches máis seguros para evitar os ataques do lobo

Os gandeiros teñen subvencións para comprar mastíns ou cans de palleiro para vixiar o gando
G24.gal 19/01/2024 20:34 Última actualización 19/01/2024 20:48

O lobo mata cada ano en Galicia unha media de 2.200 cabezas de gando. Por iso os gandeiros intensifican as medidas para impedir que entre nas súas fincas. Agora teñen a oportunidade de solicitar as axudas que concede a Xunta.

Por exemplo, ata 300 euros para a compra de cans protectores. Axudas tamén para ter peches máis seguros nas fincas. A prevención é fundamental nunha zona como Galicia, que conta coa maior poboación de lobos de Europa.

Estas axudas, por valor dun millón e medio de euros, poderán pedirse ata o 18 de febreiro. As explotacións que implementen medidas de protección cobrarán un 10 % máis en axudas polos animais que morran se o lobo os ataca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos