Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta terá un teito de gasto de 13.257 millóns en 2024, un 5 % máis ca este ano

A Xunta terá un teito de gasto de 13.257 millóns en 2024, un 5 % máis ca este ano

A cifra, que marca a senda para a elaboración dos orzamentos, volve ser a máis alta da historia de Galicia

A Xunta fai unha estimación baseada en que o crecemento do PIB será do 1,9 % en 2024 e que o paro baixará ao 9,4 %

G24.gal 11/10/2023 12:59 Última actualización 11/10/2023 14:47

O Consello da Xunta aprobou este mércores un teito de gasto non financeiro para 2024 de 13.257 millóns de euros, o que supón un 5 % máis ca o deste ano, á vez que actualizou a estimación de crecemento para este ano, que será do 1,8 %, unha décima máis do previsto.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puntualizou que se trata de "estimación no sentido literal da palabra, porque faltan todos eses datos que tiñan que ser achegados polo Goberno", aínda que en todo caso asegurou que se trata dun cálculo "prudente e realista".

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, destacou que se trata do teito gasto "maior da historia" da comunidade e, ademais, "sen ter que recorrer ao endebedamento por primeira vez en 16 anos", en cumprimento do programa de estabilidade financeira estatal.

Corgos asegurou que a se mantén a previsión de aprobar os orzamentos galegos o próximo 20 de outubro, aínda que advertiu de "importantes incertezas" económicas.

En canto ao cadro macroeconómico, a estimación de crecemento do PIB para o próximo ano chega ata o 1,9 %, unha décima máis que este ano, e a taxa de paro quedará nun 9,4 % tras acabar este 2023 no 9,8 %, "por baixo do dez por cento por primeira vez en 15 anos", segundo as previsións da Xunta.

Corgos asegurou que a pesar de que non dispoñen das cifras do Goberno sobre as entregas a conta e o obxectivo de estabilidade orzamentaria, se se produce algunha desviación sobre as contías dispoñibles "será a alza e non a baixa", porque "o risco de que sexa á baixa é mínimo" e, en todo caso, a variación recolleríase despois nos orzamentos.

Tamén se finalmente se autorízase endebedamento para o ano que vén, incluirase esta capacidade nas contas públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos