Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta vai aumentar un 10 % o orzamento do Servizo de Axuda no Fogar no 2023

A Xunta vai aumentar un 10 % o orzamento do Servizo de Axuda no Fogar no 2023

A achega será de 12 euros por hora, cantidade que se aboará a partir do 1 de xaneiro

A conselleira cunha familia usuaria do concello de Mos
G24.gal 09/12/2022 17:46

O Goberno galego anuncia unha suba do 10 % no orzamento dedicado ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para o vindeiro ano. Segundo a conselleira de Política Social, no 2023 investiranse 112 millóns de euros.

A achega da Xunta será de 12 euros por hora, cantidade que se aboará a partir do 1 de xaneiro. Fabiola García asegura que este incremento chega un ano antes do acordado coa Fegamp.

"É un 10 % máis ca neste 2022. Son 112 millóns de euros que servirán para continuar aumentando o número de horas que se destinan aos concellos de Galiza co obxectivo de atender cada vez máis persoas maiores", asegura Fabiola García.

Un total de 25.000 persoas son atendidas na súa casa a través deste servizo municipal.

Benestar en balnearios

A conselleira acompañou este venres en Mondariz un grupo de participantes no programa Benestar en Balnearios. A Xunta subvenciona ata o 40 % destes paquetes de benestar e envellecemento activo.

Son estadías de dez días en pensión completa para maiores de 60 anos, que poden levar un acompañante. É a primeira edición tras a pandemia, e xa anuncian reforzos porque a demanda rebordounos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade