Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta vai propoñer que o próximo curso comece o 8 de setembro en todas as etapas

A Xunta vai propoñer que o próximo curso comece o 8 de setembro en todas as etapas

O remate do curso sería do 21 de xuño de 2023, agás nas ensinanzas de réxeme especial, que rematarían o 30 de xuño

O segundo curso de bacharelato remataría antes para axustarse ao calendario da ABAU

A Xunta vaille realizar esta proposta aos sindicatos na mesa sectorial deste xoves, 5 de maio

G24.gal 02/05/2022 13:49

A Xunta de Galicia vai propoñer na mesa sectorial deste xoves, 5 de maio, adiantar o inicio do curso escolar ao 8 de setembro en todas as etapas educativas. Deste modo unificaríase o calendario, que ata o de agora incluía diferentes datas de inicio para infantil, primaria e ESO a principios de setembro e a mediados comezaban os rapaces de bacharelato.

O obxectivo desta proposta di a Xunta que é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. No documento remitido pola Xunta ás organizacións sindicais, a Xunta propón iniciar as clases do próximo curso o día 8 de setembro deste ano e rematalas o 21 de xuño de 2023, salvo nas ensinanzas de réxeme especial, que rematarían o 30 de xuño. No caso de segundo de bacharelato rematarían antes para axustarse ao calendario da ABAU.

Este cambio, subliña a Consellería de Cultura, Educación e Universidade nun comunicado, prodúcese despois da eliminación na nova lei educativa dos exames de recuperación na ESO.

Os períodos de vacacións escolares serían desde o día 23 de decembro ata o 6 de xaneiro, ambos inclusive, en Nadal; os días 20, 21 e 22 en febreiro, para o Entroido, e desde o 3 ao 10 de abril, ambos os incluídos, para a Semana Santa.

Así mesmo, o Goberno galego mantén para o próximo curso unha sesión de avaliación previa á final na ESO, que terá lugar a partir de 5 de xuño, para “favorecer o afianzamento de contidos e competencias entre o alumnado”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade