Cargando resultados...
A Xunta ve decepcionante para Galicia o acordo pesqueiro da UE
A Xunta ve decepcionante para Galicia o acordo pesqueiro da UE
O conselleiro do Mar di que só houbo pequenos avances en especies como a pescada ou a meiga grazas ao traballo que vén facendo a frota
O conselleiro do Mar cre que só houbo algunha mellora nas cotas grazas ao traballo da frota galega
G24.gal
13/12/2023 14:44
O Goberno galego cualifica de "decepcionante" para Galicia o acordo pesqueiro acadado na Unión Europea, e cuestiona a euforia do Goberno central.
O conselleiro do Mar di que só houbo pequenos avances en especies como a pescada ou a meiga grazas ao traballo que vén facendo a frota. Alfonso Villares cre que na última xuntanza dos ministros europeos non houbo ningún avance, e mesmo se rebaixaron algunhas previsións.