Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza autoriza prorrogar ata o 21 de maio o certificado covid-19 en hospitais

A xustiza autoriza prorrogar ata o 21 de maio o certificado covid-19 en hospitais

O TSXG indica que "continuamos nunha situación epidemiolóxica que determina un risco de transmisión do virus"

Os casos activos mantéñense estables en Galicia e a presión hospitalaria diminúe

G24.gal 06/05/2022 13:17

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou a Xunta a prorrogar en toda Galicia, ata o próximo 21 de maio, a obriga de presentar o certificado covid-19, que dá fe de que o usuario está vacinado, recuperado ou que ten unha proba diagnóstica negativa, para poder visitar doentes ingresados en hospitais e centros sociosanitarios ou residenciais de maiores e de persoas con diversidade funcional.

A Sala asegura que se mantén a “idoneidade, necesidade e proporcionalidade da medida”, pois destaca que os valores que mostra o estudo técnico achegado pola subdirectora de Información sobre Saúde e Epidemioloxía “seguen sendo elevados”, o que indica que o virus “continúa tendo unha elevada circulación” na comunidade.

Os maxistrados advirten no auto de que "continuamos nunha situación epidemiolóxica que determina un risco de transmisión do virus", en especial nos lugares para os que se autorizou a prórroga da esixencia do certificado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade