Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xustiza estuda a última bala de Begoña Gómez para apartar o xuíz Peinado

A xustiza estuda a última bala de Begoña Gómez para apartar o xuíz Peinado

A muller do presidente do Goberno acusa ao maxistrado de prevaricación. Os outros dous intentos foron rexeitados

Patxi López confirma que estuda querelarse contra "este PP" para frear a "difamación e o acoso"

Begoña Gómez está a ser investigada por presuntos delitos de tráfico de influencias e corrupción nos negocios privados
G24.gal 22/10/2024 14:17

"Por que xa non se poden traspasar máis liñas vermellas e hai que pór límites".  Se quedaba algunha ponte en pé entre Sánchez e Feijóo, a ofensiva xudicial levouna por diante.

Di o voceiro socialista no Congreso, Patxi López, que a "difamación, o ataque e o acoso teñen que ter limites". E confirma que o Partido Socialista está a estudar querelarse contra "este Partido Popular". Unha estratexia errónea, segundo a vicepresidenta segunda do Goberno.

Yolanda Díaz, advirte que o "e ti máis", non soluciona os problemas nin remata coa corrupción. Para iso, di, necesítanse propostas enriba da mesa.  Non semella que o seu chamamento vaia dar froitos a curto prazo.

O PP defende a súa estratexia. E acusa o Goberno de debilitar os controis democráticos. Di Feijóo que con iso Pedro Sánchez "non buscaba outra cousa ca impunidade por que sabía que todo ía saír a luz". E reivindica un executivo sen sombra de dúbida porque España, di Feijóo, "merece un goberno limpo".

Nesta táctica, o líder popular xa sabe que non vai poder contar co PNV que, de momento, non se propón retirarlle o apoio ao Goberno. Este martes, o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid analiza a querela por prevaricación que lle presentou a muller do presidente do Goberno ao xuíz que a investiga. 

É a terceira deste tipo sobre a que ten que pronunciarse. As outras dúas rexeitounas. Que vai pasar con esta saberémolo pronto.  A querela do PP contra o PSOE por financiamento irregular tampouco prosperou. Malia os reveses xudiciais, uns e outros avisan que non van cambiar de estratexia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade