Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os xuíces suspenden temporalmente a reforma laboral imposta por decreto na Arxentina

Os xuíces suspenden temporalmente a reforma laboral imposta por decreto na Arxentina

Dous maxistrados deixan sen efecto os cambios en materia laboral que entraran en vixencia o 29 de decembro

Javier Milei, presidente da Arxentina Javier Milei, presidente da Arxentina
G24.gal 03/01/2024 20:20 Última actualización 03/01/2024 20:31

A Cámara Nacional de Apelacións do Traballo de Arxentina suspendeu este mércores temporalmente a reforma laboral do decreto de necesidade e urxencia, asinado polo presidente arxentino, Javier Milei, o pasado día 20.

Os xuíces Andrea García Vior e Alejandro Sudera ditaron este mércores unha medida cautelar solicitada pola central obreira Confederación Xeral do Traballo (CXT) -a maior do país- que deixa sen efecto os cambios en materia laboral que entraran en vixencia o 29 de decembro.

A semana pasada, a CXT, de inspiración peronista, levou a cabo unha mobilización contra o decreto e, ademais, solicitou ao Poder Xudicial que frease os cambios laborais que o Goberno quería impoñer por decreto. Así mesmo, o gobernador da Rioxa, Ricardo Quintela, pediu á Corte Suprema que declare inconstitucional o decreto.

A reforma proposta por Milei inclúe cambios nos xuízos laborais, a extensión dos períodos de proba nas empresas e a redución das licenzas por embarazo, entre outras medidas.

Ademais, a reforma laboral tamén inclúe unha redución das achegas e contribucións xubilatorias, das indemnizacións e das multas por rexistro deficiente dos traballadores.

As medidas do decreto de Milei compleméntanse coas iniciativas anunciadas polo ministro de Economía, Luís Caputo, o segundo día do novo Goberno, o pasado 12 de decembro, e pola coñecida como 'lei omnibus', coa que o presidente pretende acumular poderes lexislativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade