Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abalde e Barreiro entran na lista de 22 que preparará o EuroBasket

Abalde e Barreiro entran na lista de 22 que preparará o EuroBasket

O 1 de agosto comezan un mes de preparación antes de afrontar a cita

Scariolo terá que descartar a sete ou oito xogadores

G24.gal 28/07/2022 13:09

Sergio Scariolo deu a coñecer a lista de 22 xogadores que prepararán o EuroBasket de 2022, que comezará o vindeiro 1 de setembro e que prepararán desde o próximo luns. 

Entre os elixidos están dous galegos. Un é o aleiro do Real Madrid Alberto Abalde, xa presente na última gran cita da selección, os Xogos Olímpicos. Abalde está mancado e haberá que estar atentos á súa evolución por si esa lesión puidera custarlle un sitio entre os elixidos. 

O outro é o aleiro do Unicaja de Málaga Jonathan Barreiro. O cercedense foi un dos habituais nas "ventás Fiba" pero coa incorporación dos xogadores que están na NBA entrar na lista estaba moito máis caro. Agora tocaralle demostrar que pode estar na selección definitiva porque haberá varios descartes. 

Mantéñense cinco xogadores que gañaron o Mundial do 2019 (Rudy, Llull, Quino Colom, Willy e Juancho Hernangómez) e haberá tres debutantes: Lorenzo Brown (Unics Kazan), Juan Núñez e Héctor Alderete. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar