Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mella e a sub-19, a un paso do olimpo europeo

Mella e a sub-19, a un paso do olimpo europeo

A selección española gañoulle a Italia e xogará a final contra Francia, rival co que empatou na fase de grupos

O do Dépor entrou no minuto 55 nun encontro que foi ata a prórroga

Mella loita con Mannini para facerse co balón Mella loita con Mannini para facerse co balón
G24.gal 26/07/2024 09:23

A un paso da gloria. Á selección española sub-19 de David Mella só lle queda un último chanzo para replicar o éxito da absoluta en Berlín e facerse co europeo. A semifinal non foi doada e chegou ata a prórroga, co xogador compostelán xa no campo despois de comezar no banco de suplentes. Entrou no 55 e viviu dende o verde como Pol Fortuny meteu a España na final.

Os italianos tiveron máis presenza con balón e dispuxeron de máis tiros. Pero o acerto, aínda que se fixo esperar, foi español. Chegou no minuto 100, e o protagonista foi o Pol Fortuny.  Non houbo reacción por parte dos rivais, e a final xa é unha realidade.

Francia será o rival na final, que se xogará este domingo ás 20:00 horas. Mella terá a oportunidade de ser campión europeo sub-19 e escribir o seu nome na historia das categorías inferiores da selección. O do Dépor está xogando, xa sexa como titular ou sendo un dos primeiros cambios, e achega a un equipo que pode levantar o trofeo de campión europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos