Publicador de contidos
Publicador de contidos

Claudio Giráldez: "Estase vendo que xogue quen xogue o nivel é parello"

Claudio Giráldez: "Estase vendo que xogue quen xogue o nivel é parello"

O adestrador do Celta analizou o equipo de cara ao partido contra Osasuna

Fixo valoración do mercado e falou por primeira vez de Marcos Alonso

Giráldez, contra o Vilarreal. EFE
G24.gal 31/08/2024 17:00

Mercado cerrado, cadro de xogadores comprometidos e a cabeza xa no Osasuna. O Celta quere seguir co seu bo momento malia a derrota en Vilarreal, e sobre todo manter as sensacións e o xogo, que emociona á afección. Giráldez falou do vindeiro partido, dos seus xogadores e do mercado.

O técnico celeste está moi contento co seu inicio na súa primeira campaña completa como director técnico do primeiro equipo. E os xogadores teñen moito que ver. O porriñés loou o compromiso e a entrega dos seus, así como a igualdade e a versatilidade que ten no equipo.

Tamén valorou o mercado, resaltando que os xogadores que viñeron elixiron o Celta entre outras opcións e ese é un moi bo indicativo para o técnico. Na súa cabeza está Osasuna, ante o que quere facer un partido serio, no que o equipo manteña a esencia dos tres anteriores compromisos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade