Óscar Mingueza, convocado pola selección: "É un orgullo, faime moita ilusión"
Óscar Mingueza, convocado pola selección: "É un orgullo, faime moita ilusión"
A selección terá dous duelos da liga de Nacións: ante Serbia o xoves 5 de setembro e ante Suíza o domingo 8 de setembro
O xogador do Celta Óscar Mingueza viu recompensado o seu gran inicio de liga coa chamada da selección española.
Luis de la Fuente incluíu ao céltico na lista dada a coñecer este venres para os próximos compromisos do combinado español, que afrontará duelos da liga de Nacións ante Serbia o xoves 5 de setembro e ante Suíza o domingo 8 de setembro.
🎒🏫 En septiembre vuelven los peques al cole...
— Selección Española Masculina de Fútbol (@SEFutbol) August 30, 2024
⚽️ ¡¡Y los 𝗖𝗔𝗠𝗣𝗘𝗢𝗡𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗘𝗨𝗥𝗢𝗣𝗔 a la competición!!
👥 Esta es la lista de Luis de la Fuente para los partidos ante Serbia y Suiza, primeros compromisos de la Fase de grupos de la #NationsLeague.#VamosEspaña pic.twitter.com/nVfBxXQzGy
Mingueza, canteirán do Barcelona, ten ampla experiencia nas categorías inferiores da selección española ata a sub-21 e chegando a conquistar a prata co combinado olímpico -do que tamén formaba parte Iván Villar- na cita de Tokyo, no 2021.
Mingueza estaba radiante tras recibir a noticia.
"É un orgullo, faime moita ilusión . Sen a axuda do equipo, do staff e dos xogadores non sería posible"