Fondea na ría de Vigo un cargueiro que transporta sete pas xigantes para muíños eólicos
Fondea na ría de Vigo un cargueiro que transporta sete pas xigantes para muíños eólicos
O Boldwind refuxiouse fronte ao peirao de Guixar, á espera de que melloren as condicións do mar para seguir camiño cara ao norte de Europa
Estes días chama a atención na ría de Vigo a presenza dun cargueiro que agarda fondeado fronte o porto a que melloren as condicións no mar para continuar a súa travesía. Trátase do Boldwind, un cargueiro pertencente a unha empresa alemá especializada no transporte de pezas para aeroxeradores.
O buque leva a bordo 7 pas para un parque mariño situado no norte de Europa. Chegou á ría de Vigo procedente do porto de Setúbal, en Portugal, onde permanece refuxiado á espera da melloren as condicións do mar para continuar o seu traxecto. Está previsto que reemprenda a travesía o próximo xoves, día 16.
United Wind Logistics, a propietaria do buque, especialízase no transporte marítimo de compoñentes eólicos mariños como pas, barcazas, torres e cimentos.