Ábalos nega ser o propietario dun chalé en Colombia, como di a UCO
Asegura que se trata dun terreo rústico que vendeu sen edificar en 2013

O exministro Jose Luis Ábalos negou ser o dono dunha propiedade en Colombia que descubriu a UCO, adquirida por 2,1 millóns de euros, que non foi un inmoble senón un terreo rústico vendido sen construción ningunha hai 12 anos.
Ábalos reacciona así ao último informe da UCO, coñecido este mércores, en que a Garda Civil di que achou un documento que alude á compra por parte de Ábalos dunha propiedade en Colombia por 2,1 millóns de euros o 17 de outubro de 2003 e amosa diversas fotografías que mostran unha vivenda en fase de construción.
"Coñezo polos medios que nel consta un arquivo sobre un inmoble en Colombia do que se supón que son propietario, cando, en realidade, foi un terreo rústico na montaña de Tulúa que adquirín no 2003 e vendín sen construción ningunha no 2013. E pregúntome, que ten que ver isto coa miña xestión no Ministerio de Transportes? Estamos ou non estamos ante unha causa xeral e unha investigación prospectiva?", di nunha mensaxe en X.
Nueva filtración de un informe de la UCO que inexplicablemente llega a la prensa antes que a mi defensa y por tanto, enturbia la instrucción del proceso judicial. Han tenido que ser los propios medios de comunicación los que me lo han hecho llegar.
— José Luis Ábalos (@abalosmeco) March 19, 2025
Se trata del informe sobre… pic.twitter.com/SaXHyCygpk
Así mesmo, o exministro quéixase unha vez máis da nova filtración dun informe da UCO que inexplicablemente chega á prensa antes que á súa defensa e, por tanto, enturba a instrución do proceso xudicial.