Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ábalos pide a súa readmisión como afiliado do PSOE

Ábalos pide a súa readmisión como afiliado do PSOE

Pídelle á dirección do PSOE que declare a caducidade do expediente de suspensión de militancia ditado en febreiro pola súa presunta implicación no caso Koldo

Arquivo / Jesús Hellín / Europa Press Arquivo / Jesús Hellín / Europa Press
G24.gal 18/09/2024 10:44

O exsecretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos, pediulle á Comisión Executiva Federal dos socialistas que lle devolva todos os seus dereitos como afiliado.

O PSOE suspendeuno de militancia o pasado febreiro, despois de que se fixera pública a presunta implicación do seu exasesor Koldo García nunha trama para beneficiarse da compra de máscaras durante a pandemia da covid-19.

Agora, nun escrito adiantado polo Mundo e ao que tivo acceso EFE, Ábalos pediu á dirección do PSOE que declare a caducidade dese expediente, que ditou hai seis meses a suspensión cautelar da súa militancia.

Segundo este escrito, o expediente de suspensión estivo "absolutamente paralizado" durante seis meses, o que prexudica "os dereitos políticos" do exministro.

A relación entre os socialistas e Ábalos deteriorouse nas últimas semanas, despois de que o Ministerio de Transportes publicase unha auditoría sobre o período no que o deputado ostentou esta carteira.

Por mor desta auditoría, o agora deputado do Grupo Mixto deixou de respectar a disciplina de voto dos seus excompañeiros, o que pon en risco as axustadas maiorías parlamentarias que suxeitan ao Goberno do PSOE e Sumar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade