Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre a estación de Manzaneda con tres pistas esquiables

Abre a estación de Manzaneda con tres pistas esquiables

En total hai 1,7 quilómetros dispoñibles para os amantes da neve

Foi a primeira estación en abrir na Cordilleira Cantábrica

G24.gal 07/01/2024 14:43 Última actualización 07/01/2024 17:33

Este domingo en Manzaneda foi todo un agasallo de Reis para os amantes do esquí. 

"Vimos desde A Coruña e levantámonos ás seis da mañá para vir ata aquí".

"Había moitas ganas. Estamos quitando o mono".

"O vicio era moito, e ao ser a primeira estación que abre na Cordilleira Cantábrica...", comentan tres esquiadores.

Abriron tres pistas, un quilómetro setecentos metros, en condicións mellorables nalgún treito, pero suficientes para estrear a tan ansiada temporada.

"E faltounos moi pouquiño para abrir ata a intermedia, pero están os espesores moi xustos. Esperamos que se poida co que fabriquemos esta noite, pero pouco a pouco", asegura Víctor Picos, director da estación de Manzaneda.

Para os amantes da neve, non hai sensación igual.

"Es ti só, gozando do momento. A min dáme liberdade".

Pero non só para eles abre a estación. Ata aquí chegan ducias de familias, parellas e amigos coa única intención de ver a neve e xogar con ela.

"Xa me mollei, xa me enchín de neve...".

"Gozar da neve, que é a primeira vez que vimos, e despois volta para a casa, a Sanxenxo".

Ao longo do día, calculan desde a estación que pasen por aquí medio milleiro de persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade