Cargando resultados...
Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi afondan no Corredor do Ecoturismo do norte peninsular
Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi afondan no Corredor do Ecoturismo do norte peninsular
Galicia coordina este ano os traballos da marca turística España Verde
G24.gal
13/09/2024 14:37
As catro comunidades que forman parte da marca turística España Verde reuníronse en Cambados. Galicia coordina este ano os traballos.
Xunto aos responsables de turismo de Euskadi, Cantabria e Asturias afondaron nun dos produtos estrela da marca, apoiado por Turespaña. O Corredor do Ecoturismo do norte peninsular. Con el pretenden crear o maior corredor ecoturístico de Europa.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles explicou que "xa se apuntaron a este corredor 300 empresas relacionadas co ecoturismo, 108 en Galicia. Esta iniciativa causou moita expectación en todos os sectores de produtos vinculados coa natureza".