Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre o prazo de solicitude para realizar queimas agrícolas e forestais

Abre o prazo de solicitude para realizar queimas agrícolas e forestais

O mércores 23 de febreiro será o primeiro día en que se poderán realizar queimas

G24.gal 21/02/2022 14:21

A Consellería do Medio Rural informou de que, a partir deste luns, 21 de febreiro. Os interesados ​​xa poden solicitar permisos para queimar restos agrícolas de acordo coa normativa, dado que as condicións meteorolóxicas o permiten.

A Xunta de Galicia que o mércores 23 de febreiro será o primeiro día no que se poderán realizar queimas, sempre que fosen comunicadas previamente.  Os interesados ​​poderán realizar as comunicacións correspondentes ou solicitar autorizacións de queima a través da páxina web de Medio Rural. Ademais, os días laborables tamén estará á súa disposición o teléfono 012 para realizar estas comunicacións.

As comunicacións para realizar queimas de residuos agrarios deberán realizarse con dous días de antelación. Máis tempo require o trámite de autorización de residuos forestais, polo risco que con leva, polo que é necesario realizar a tramitación con tempo.

A Xunta aclara que as autorizacións ou comunicacións non valen en días de vento e altas temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade