Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre o prazo para solicitar as axudas ao emprendemento da Xunta

Abre o prazo para solicitar as axudas ao emprendemento da Xunta

A contía da subvención vai dos 3.000 aos 30.900 euros

EP 12/02/2024 09:40

A partir deste luns abre o prazo para que autónomos, mutualistas, pemes e entidades de economía social poidan optar ás axudas de emprendemento publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 5 de febreiro e dotadas cun orzamento de 6,5 millóns de euros.

Segundo informou a Xunta, o obxectivo é impulsar as iniciativas de empredemento e contribuír ao incremento da actividade económica e á mellora da competitividade.

Así, poden optar a estes apoios ata o 28 de xuño de 2024 os traballadores autónomos, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades, cooperativas e laborais, e tamén as empresas de inserción e os centros especiais de emprego.

Todos eles teñen que constituírse ou estar dados de alta e iniciar a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2022.

As axudas a que pode acceder van dos 3.000 euros aos 30.900 euros, en función da magnitude do investimento realizado, para dar cobertura, entre outros, a gastos vinculados co proxecto empresarial en materia de equipamento informático, eficiencia enerxética, equipamento e mobiliario, e tamén na reforma das instalacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos