Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre o prazo para solicitar axudas da Xunta para a mellora e a rehabilitación de vivendas

Abre o prazo para solicitar axudas da Xunta para a mellora e a rehabilitación de vivendas

Ata o 13 de setembro pódense pedir subvencións para a mellora da eficiencia enerxética, rehabilitación e a elaboración do libro do edificio e redacción de proxectos de rehabilitación

G24.gal 12/07/2024 12:15

A Xunta de Galicia convocou este xoves tres liñas de axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas, en edificios de vivendas e para a elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación por un orzamento global de 34.140.439 euros.

A partir de hoxe venres e ata o próximo 13 de setembro, salvo que se esgoten antes as cantidades dispoñibles, os interesados poderán presentar as súas solicitudes para optar a estas subvencións, que se financian con fondos europeos do programa Next Generation UE e foron convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo por primeira vez no 2022.

Concretamente e segundo se recolle nas resolucións publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), as axudas destinadas a mellorar a eficiencia enerxética de edificios de vivendas de tipoloxía colectiva contará cun orzamento de 28.568.052 euros.

A liña dirixida á rehabilitación de vivendas individuais en edificios residenciais colectivos ten un orzamento de 3.500.617 euros. E o programa de axudas para a elaboración do libro do edificio contará cunha dotación de 2.071.770 euros.

Os interesados nestas convocatorias poden presentar as súas solicitudes ata o 13 de setembro, excepto no caso das axudas para a rehabilitación de edificio, que contan co prazo dun mes.

As axudas para a mellora enerxética de edificios están destinadas a inmobles residenciais colectivos e a vivendas unifamiliares, onde grazas ás obras para as que se solicita a  subvención, debe conseguirse unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable e, ademais, unha diminución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de entre o 25 % e o 35 %, segundo a zona onde estea emprazado o inmoble en cuestión.

A estas axudas poden optar tanto individualmente as persoas propietarias das vivendas, como as cooperativas, comunidades de veciños e empresas arrendatarias ou concesionarias dos inmobles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos