Abre o prazo para solicitar axudas polo peche do ocio nocturno en Noitevella
Abre o prazo para solicitar axudas polo peche do ocio nocturno en Noitevella
De 2.500 a 45.000 euros, dependendo da superficie do local
Mañá abre o prazo para solicitar as axudas polo peche do ocio nocturno na pasada Noitevella. A Xunta calcula que se beneficiarán uns 700 establecementos en toda Galicia.
A convocatoria, que hoxe sae publicada no DOG, contempla un orzamento de tres millóns e medio de euros para estas axudas, financiadas con fondos europeos. Van destinadas a todos aqueles locais que non abriron en fin de ano, seguindo as recomendacións do comité clínico, para evitar novos contaxios en plena expansión da sexta onda.
Só terán dereito a ela os locais que previamente lle comunicaron o peche á Administración, desde discotecas e salas de festa e concertos a pubs ou cafés especiais. O importe das axudas oscila entre 2.500 e 45.000 euros, dependendo da superficie do local.
"Tres millóns e medio de euros que se empezarán a repartir conforme vaian chegando as peticións, dunha forma rápida, como fixemos cos case cen millóns de euros dirixidos á hostalería nas ondas anteriores, cumprindo con esa responsabilidade que lle pedimos ao ocio nocturno", explica Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta.