Accións de condena contra a liorta no partido Vilalbés B-San Ciprián
Accións de condena contra a liorta no partido Vilalbés B-San Ciprián
O primeiro equipo de Vilalba suspende a festa de fin de tempada e os organismos oficiais pertinentes abren expediente sancionador
A liorta rexistrada no partido de fútbol entre o Vilalbés B e o San Ciprián segue a recibir mostras de condena e rexeitamento.
A directiva do Rácing Vilalbés decidiu cancelar a festa de fin de tempada tras o ocorrido co equipo filial.
A Xunta "condena profundamente" os feitos ocorridos no partido de Cospeito. A Federación Galega de Fútbol pon en marcha o procedemento de sancións e tamén a Comisión Galega de Control da Violencia, segundo adiantaba na Televisión de Galicia o secretario xeral:
"A apertura de dilixencias previas para coñecer exactamente os feitos e iniciar, no seu caso, que parece que si, o correspondente procedemento sancionador que rematará nunha sanción", dixo José Ramón Lete Laso, quen tamén é secretario xeral para o Deporte.