Publicador de contidos
Publicador de contidos

Toque de atención no Deportivo e no Rácing polo mal inicio ligueiro

Toque de atención no Deportivo e no Rácing polo mal inicio ligueiro

Os dous equipos galegos están en postos de descenso e as derrotas da última xornada empeoraron as sensacións

G24.gal 23/09/2024 21:30

O comezo da temporada está a deixar moitas dúbidas nos proxectos galegos da Segunda División. O Deportivo e o Rácing ocupan despois de seis xornadas postos de descenso e a última xornada non mellorou as sensacións.

Os problemas son diferentes nos dous equipos, o Deportivo está a ter problemas nas dúas áreas. É un dos equipos menos eficaces de cara á portería contraria e está a conceder demasiados goles.

O Rácing atopou por fin o gol que se lle resistía dende a xornada inaugural pero foi a costa de recibir unha goleada na casa ante o Albacete. O equipo desfíxose nos últimos 20 minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade