Cargando resultados...
Acordo de Xunta e Deputación para restaurar o Convento de Santa Clara de Pontevedra
Acordo de Xunta e Deputación para restaurar o Convento de Santa Clara de Pontevedra
Contará cun presuposto inicial de 23 millóns de euros
G24.gal
26/01/2024 15:22
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, asinaron este venres un acordo para colaborar na rehabilitación e ampliación do convento de Santa Clara de Pontevedra, que se integrará no Museo Provincial. No convenio a Xunta comprométese a facer unha achega de 6 millóns de euros.
O obxectivo da restauración, presupostada inicialmente en 23 millóns de euros, é poñer en valor este edificio do século XIII, situado no corazón da cidade. Prevén iniciar as obras este ano e rematalas no 2027, coincidindo co centenario do Museo de Pontevedra.