Acordo entre a FGA e as escuderías para que comece o Campionato Galego de Rallys
Acordo entre a FGA e as escuderías para que comece o Campionato Galego de Rallys
Troitiño: "Hai certos servizos que non se van cobrar para axudar aos organizadores"
Solucionado o problema entre a Federación Galega de Automobilismo e os organizadores dos oito rallys que ameazaban con paralizar a competición.
Pero do calendario inicial con once probas cae o rally do Botafumeiro, previsto para o 24 de xuño. Os organizadores da cita compostelá e a federación non chegaron a un acordo. O calendario comezará o un de abril na Coruña e remata o dezaoito de novembro en Ribeira.
Troitiño: "Hai certos servizos que non se van cobrar para axudar aos organizadores"
Outros acordos aos que se chegou foron que haberá Superrally, unha fórmula para que os pilotos que teñan algún problema poidan reengancharse cunha penalización, e tamén sobre o coche 0.
Troitiño tamén admitiu que os pilotos terán que pagar máis pola posible suba das licenzas por parte da Federacion Española.
A sede da federación deixará Ourense para mudarse provisionalmente a Lalín.