Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acordo para compensar mariscadores da ría do Burgo

Acordo para compensar mariscadores da ría do Burgo

Cobrarán uns 1.500 euros ao mes durante os dous anos que durarán os traballos

G24.gal 03/02/2022 14:41

Hai acordo entre mariscadores e administracións para iniciar as obras de dragaxe da ría do Burgo. Recibirán arredor de 3 millóns de euros por non poder pescar en dous anos. Era o último trámite necesario para comezar unhas obras longamente demandadas.

Os mariscadores recibirán mensualmente arredor de 1500 euros en compensación pola falta de actividade no tempo que duren os traballos. A Xunta de Galicia certificará as contías que cobre cada un dos 78 afectados e o Estado encargarase de achegar os cartos necesarios.

As obras poderán comezar de inmediato. ​​​​​​O primeiro paso será a retirada do marisco que aínda queda nos bancos, uns traballos que asumirá a propia confraría de pescadores.

O acordo da luz verde a uns traballos que permitirán rexenerar a ría e crear novas zonas verdes para o uso cidadán. O proxecto estará rematado a primeiros de 2024 e terá un investimento de máis de 32 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade