Acordo entre os 27 sobre a regulación das crises migratorias
Acordo entre os 27 sobre a regulación das crises migratorias
Non haberá repartición obrigatoria e os requisitos de entrada serán máis duros
Os socios poderán pagar a manutención dos inmigrantes noutro país
Os países da Unión Europea chegaron a un acordo sobre regulamento para xestionar crises migratorias. Era a derradeira peza que lle faltaba ao Pacto Migratorio e de Asilo, que agora os 27 pecharán coa Eurocámara.
Haberá novas normas máis flexibles para atender miles de refuxiados, como actualmente os ucraínos, ou para axudar os países da cunca mediterránea.
Fíxose agardar, pero finalmente o acordo sobre o Regulamento de Xestión de Crises Migratorias chegou antes do Cumio de Granada deste xoves e venres.
A palabra do ministro de Interior Fernando Grande-Marlaska e a da Comisaria europea Ilva Johansson non se ve comprometida. Ambos hipotecárana hai só uns días en Bruxelas cando Italia bloqueou o inminente acordo.
Finalmente, os 27 pecharon o regulamento. A derradeira peza do Pacto Migratorio e de Asilo que agora deben pactar coa Eurocámara.
A flexibilidade que demandan os gobernos da UE suporá condicións máis duras ao atender as demandas de protección dos migrantes. E que non haxa distribucións obrigatorias entre os 27.
Os países comunitarios poderán pagar para non aliviar os socios que reciban miles de persoas, como Italia actualmente. Cartos no canto de solidariedade.