Cargando resultados...
Europa activa a alerta vermella pola seca
Europa activa a alerta vermella pola seca
É o período de escaseza de chuvia máis prolongado en cincocentos anos
G24.gal
12/08/2022 20:47
A falta de chuvia e o exceso de consumo abocan a Europa a severas restricións de auga. As imaxes falan por si mesmas: o verde desapareceu dos campos do Reino Unido, os xardíns da Torre Eiffel presentan un aspecto seco e árido, temperaturas inusuais en Berlín.
Ante esta situación, o Observatorio europeo da Seca activou a alerta vermella no 63 % do territorio. É o período de escaseza de chuvia máis prolongado en cincocentos anos.
A intención é que estes países non só reduzan o consumo de gas de cara ao inverno, senón tamén o de auga.