Activado o aviso laranxa en todo o litoral
Activado o aviso laranxa en todo o litoral
Recomendan precaución e apartar da liña de costa
En terra, a semana comeza cunha fronte pouco activa
Desde esta mañá volve a inestabilidade ao litoral, con aviso laranxa en toda a costa galega por mar combinado. Durante as primeiras horas afectará o noroeste e oeste do litoral da Coruña e a costa lucense. Contra o mediodía, o aviso estenderase ao suroeste da costa coruñesa e pola tarde, ao litoral da provincia de Pontevedra.
Agárdanse ondas por riba dos cinco metros, que entre Cabo Ortegal e A Estaca de Bares poden chegar incluso aos sete.
En terra, a semana comeza cunha fronte pouco activa que vai deixar moitas nubes en boa parte da comunidade autónoma, e caerán chuviscas de oeste a leste, con menos probabilidade de que mollen áreas orientais de Galicia. As temperaturas mínimas soben un día máis.
Pola tarde, a tendencia é a que as orballadas vaian indo a menos; así e todo, na vertente atlántica é onde máis tardará en escampar. O vento afrouxa pola tarde. As temperaturas máximas seguirán sen cambios.