Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acusado un veciño de Santiago de fabricación ilegal e tenza ilítica de armas

Acusado un veciño de Santiago de fabricación ilegal e tenza ilítica de armas

A Garda Civil detectou nas redes sociais varios vídeos en que o investigado mostraba, paso a paso, como fabricaba as armas

A Benemérita destaca o perigo deste tipo de artefactos, xa que poden ser transformados en verdadeiras armas de fogo

Imaxe da Operación Tornero facilitada pola Garda Civil
G24.gal 28/12/2024 11:33 Última actualización 28/12/2024 13:40

Un veciño de Santiago de Compostela está acusado de fabricación ilegal e tenza ilícita de armas prohibidas, tras ser investigado pola Garda Civil no marco da operación Tornero,

A Benemérita iniciou as investigacións da operación Tornero tras detectar en redes sociais varios vídeos nos que o investigado, un home de Compostela, mostraba o proceso completo de mecanizado e ensamblaxe de armas artesanais.

O acusado explicaba nos vídeos, paso a paso, como fabricar estes dispositivos, que posteriormente poñía á venda a través de Internet.

O investigado, que posúe coñecementos profesionais de mecánica, utilizaba un taller situado no seu domicilio para fabricar as armas. Este taller estaba equipado con ferramentas destinadas á reparación e modificación de vehículos, que empregaba para elaborar os artefactos intervidos.

No rexistro domiciliario do investigado os axentes da Garda Civil incautaron dúas armas de fabricación caseira. Estes dispositivos, coñecidos como bolígrafos pistola, son capaces de lanzar proxectís e gases a curta distancia, cun funcionamento análogo ao dunha arma de fogo, explica a Garda Civil.

Os axentes requisaron diversos dispositivos electrónicos e documentación relacionada coa actividade ilícita.

A Garda Civil destaca o elevado risco que representan este tipo de artefactos, xa que poden ser transformados en verdadeiras armas de fogo, e engade que a fabricación e venda destes dispositivos sen autorización nin control supón unha grave ameaza para a seguridade cidadá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade