Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adeus a Ruta, unha das discotecas míticas de Santiago

Adeus a Ruta, unha das discotecas míticas de Santiago

O propietario do local renunciou á licenza de actividade, que data de 1971

O concello declarou extinguida a licenza e ordenou que non continuase coa actividade

O local situado na rua Curros Enriquez carece de licenza de actividade desde o venres
G24.gal 22/02/2023 13:06

Tras 52 anos de actividade, Santiago debe dicir adeus a unha das iconas da súa movida nocturna: a discoteca Ruta. O propietario renunciou á licenza de actividade do local. Desde o venres carece dela porque o Concello xa a declarou extinguida e ordenou que non continuase coa actividade. Aínda así, o local abriu estes días de Entroido.

A nova do peche definitivo provoca división de opinións. A nostalxia dos máis novos ou os que noutra época foron clientes e que lamentan a perda dun referente da noite compostelá.

Para os veciños do barrio a nova do peche supón un alivio, despois de anos padecendo o barullo, as leas e a sucidade.

A balanza da conciliación do dereito ao descanso e o da diversión, inclínase desta volta do lado veciñal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade