Adi Iglesias: "É un orgullo recibir a Medalla Rei Xoán Carlos"
Adi Iglesias: "É un orgullo recibir a Medalla Rei Xoán Carlos"
A lucense competiu no autonómico de atletismo nas probas de 100 e 200 metros
As pistas do campus Universitario de Elviña (A Coruña) foron o lugar onde se celebraron os Campionatos Galegos de Atletismo ao aire libre. Alí estivo a lucense Adiaratou Iglesias, que dobrou proba en distancias de velocidade: 100 e 200 metros lisos. Atendeu ao Galicia en goles e repasou a súa temporada.
"As sensacións non son moi boas, pero non quixen arriscar nas semifinais. Son rapaza de douscentos, os cen quedan moi curtos para mi. A verdade é que a temporada foi rara. O ritmo de adestramento baixou e o ritmo de competición ninguén o ten, pero imos tentar sempre mellorar a marca, pero é difícil atopar un nivel próximo ao noso que nos faga mellorar a marca"
Esta mesma semana Adi foi noticia porque recibiu o premio Rei Xoán Carlos polos seus éxitos nas pasadas Paralimpíadas de Tokyo.
"É un orgullo que se recoñeza o traballo, sobre todo polos deportistas paralímpicos, que nos premien ao mesmo nivel que o resto. Se os méritos, o esforzo, o traballo e o sacrificio é o mesmo, é bo que teñamos cada ano máis repercusión e no mesmo lugar"