Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adi Iglesias roza o ouro na proba dos 100 metros do Mundial paralímpico

Adi Iglesias roza o ouro na proba dos 100 metros do Mundial paralímpico

A atleta de Lugo chegou no mesmo tempo que a gañadora pero o video finish deulle o triunfo a Valiyeba

G24.gal 10/07/2023 19:34

A atleta lucense Adiaratou Iglesias Forneiro gañou a medalla de prata na proba dos 100 metros dos Mundiais paralímpicos de París 23. 

Nunha carreira moi igualada, a vixente campioa olímpica dominou ata os últimos metros, pero o mellor final da azerbaixana Valiyeba provocou igualdade na liña de meta. Tanto que os xuíces lles deron ás dúas o mesmo tempo (11,99), pero a imaxe do video finish outorgoulle unha vantaxe de milímetros a Valiyeba, á que lle acabaron concedendo o ouro. 

Adi Iglesias volve sacar unha nova medalla. A partir de mañá tocaralle centrarse na proba dos 200 metros, en que tamén goza de posibilidades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar