Cargando resultados...
Adiado o Breogán-Joventut tras detectarse un gromo por covid-19 no equipo galego
Adiado o Breogán-Joventut tras detectarse un gromo por covid-19 no equipo galego
O partido xogarase o xoves 30 de decembro, ás 20:30
G24.gal
18/11/2021 19:15
O Breogán-Joventut foi aprazado ante a detección dun gromo por COVID-19 no equipo local, comunicado pola Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia.
O partido xogarase o xoves 30 de decembro, ás 20:30.
Ata agora son catro xogadores contaxiados, a moza dun xogador e un empregado do club.
Nas probas de control detectouse un cuarto positivo por covid19 no Río Breogán.
— Río Breogán (@CBBreogan) November 18, 2021
Todos os afectados atópanse asintomáticos ou con síntomas leves cumprindo os protocolos indicados e baixo a vixiancia do equipo médico do club. pic.twitter.com/ZIGZo5Vm57