Adrián Ben, clasificado para a final dos 800 m no Campionato de Europa
Adrián Ben, clasificado para a final dos 800 m no Campionato de Europa
O viveirense acadou o mellor tempo de todos os semifinalistas, e mañá loitará polos metais
Adrián Ben clasificouse para a final dos 800 metros nos campionatos de Europa en pista cuberta que se celebran en Istambul. O viveirense correu na segunda semifinal e, tal e como indisou despois, fíxoo con sangue frío e agardando o seu momento.
Nas primeiras voltas, Adrián estivo nos últimos postos da proba, pero mantendo a distancia cos primeiros en todo momento. Foi nas derradeiras dúas voltas cando se comezou a deixar ver polos postos de cabeza.
Na recta de meta exhibiu a súa potencia e foi quen de adiantar ao alemán Crestan, impoñéndose cun tempo de 1'46"82. Tempo que, ademais, foi o mellor de todos os semifinalistas. Mañá buscará o metal na gran final do Europeo.