Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben gaña a prata no Europeo por equipos de campo a través

Adrián Ben gaña a prata no Europeo por equipos de campo a través

Antía Castro e Inés Docampo levaron o ouro na proba sub 20

G24.gal 11/12/2022 14:21

O Campionato de Europa de campo a través deixounos dúas medallas para a expedición galega. Adrián Ben gañou a prata no relevo por equipos. O conxunto formado por Solange Pereira, Rosalía Tárraga, Jesús Gómez e o de Viveiro gañaron unha medalla que non se decidiu ata os últimos metros. O triunfo foi para a selección italiana. 

Tamén houbo medalla, esta de ouro, na proba feminina da categoría sub 20. O triunfo global recaeu na española María Forero. Por equipos tamén levaron o primeiro posto con especial protagonismo para as atletas galegas. Antía Castro e Inés Docampo, xunto con Forero, Buendía, Viciosa e Serrano, asinaron o mellor tempo no Parque La Mandria de Turín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade