Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adrián Ben leva a prata na mellor carreira da historia nuns 800 metros

Adrián Ben leva a prata na mellor carreira da historia nuns 800 metros

Os tres primeiros clasificados melloraron o mellor rexistro nun Campionato de España

Prata para Lidia Parada en lanzamento de xavelina

G24.gal 26/06/2022 18:59 Última actualización 26/06/2022 20:52

A carreira máis rápida da historia dun Campionato de España de atletismo tivo como protagonista o viveirense Adrián Ben. A mellor marca de todos os tempos era de 2001 (Antonio Reina con 1:46.66). Os tres primeiros clasificados esnaquizaron ese rexistro demostrando o poderío que ten o 800 en España. 

O triunfo foi para Álvaro de Arriba (1:45.82) con Adrián Ben rematando no segundo posto a só dúas décimas do campión (1:46.01). A terceira posición foi para Mariano García que con 1:46.04 tamén fixo unha gran marca. 

 

Prata para Lidia Parada en lanzamento de xavelina

Tamén levou a medalla de prata a lanzadora de xavelina Lidia Parada. A pobrense realizou un mellor lanzamento de 53.29, a algo menos de dous metros da marca acadada pola campioa de España Arantza Moreno.

 

Adi Iglesias, sexta nos 200 metros con récord galego

A atleta lucense Adi Iglesias bateu a mellor marca galega de todos os tempos na proba dos 200 metros dos Campionatos de España absolutos. Adi foi a sexta clasificada cun tempo de 24:00.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade