Cargando resultados...
Adrián Ben, nomeado fillo predilecto de Viveiro
Adrián Ben, nomeado fillo predilecto de Viveiro
G24.gal
29/10/2022 13:34
O atleta viveirense Adrián Ben foi distinguido como fillo predilecto da súa vila natal. Nun acto celebrado no teatro Pastor Díaz de Viveiro, o flamante diploma olímpico nos 800 metros dos Xogos de Toquio recibiu a distinción. Un logro que acada con só vinte e catro anos de idade, e que foi aprobado por unanimidade hai pouco máis dun ano. Ademais dos seus éxitos deportivos, en Viveiro valoraron o orgullo que amosa sempre o atleta de levar o nome da vila por todo o mundo.